martes, 15 de febrero de 2011

Conferencia-coloquio de Toni Puig

O 19 de febreiro dúas conferencias no Quiosco Afonso de A Coruña (aforamento limitado, inscrición de balde)
10:00 h.  Asociacións de cidadáns e cidadás en movemento: valores éticos para a vida. 
Conferencia-coloquio de Toni Puig. Quiosco Afonso (90’ aprox.).
“Unha cidade é activa, inclusiva, esperta cando unha rede plural de asociacións civís de todo tipo a vertebran e fano con atrevemento, xenerosidade, implicando unha multitude de cidadáns voluntarios, asociados e colaboradores. Hoxe son máis indispensables que nunca”. Toni Puig






Considerado por moitos o gran gurú das cidades, un mito do urbanismo, un xenio da animación sociocultural e da comunicación creativa, este pequeno gran home é, sen dúbida, todo un referente internacional cando se trata de falar de transformación social. Tremendamente ameno, provocador, creativo, intelixente, retrata os seus pensamentos cun estilo sorprendente que a ninguén deixa indiferente.

No hay comentarios: